19 mar 2011

UXÍA senlle










  • UXÍA, a voz do Atlántico
  • Uxía concibe escribindo palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e íntimo do ser, da alma. Máis
  • de vinte anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As
  • súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador epersoal.
  • Desde o seu debut con Foliada de Marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as
  • diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes.
  • Integrante do grupo “Na lúa” ata 1991, Uxía emprende un camiño en solitario que responde a unha natural
  • evolución da súa carreira artística. Nese mesmo ano publica Entre cidades, e catro anos despois, Estou Vivindo no ceo, disco que afianza a súa proxección internacional.
  • En 1997 edita xunto ás cantantes Rasha e María Salgado e o guitarrista Cuchús Pimentel La sal de la vida, un disco marcado pola diversidade e polo cruce cultural. Xa en 2000 publica Danza das areas, un traballo que representa un punto de inflexión na súa traxectoria con composicións propias e sons máis contemporáneos.
  • Sempre tivo a convicción de que un pobo que cantou desde tempos inmemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz. Por esa razón, promoveu a creación de grupos de cantareiras e participou en numerosas experiencias musicais con artistas da talla de Jessie Norman, Dulce Pontes, Noa, Chico Cesar...
  • Uxía recolle nas súas composicións a esencia de todas esas experiencias que a teñen levado a un contacto permanente con xentes e artistas de culturas afíns. Todo xorde e flúe como unha consecuencia natural do contacto permanente con artistas destas latitudes e da escoita atenta e continuada das súas músicas ou as músicas tradicionais que as inspiraron.
  • A súa paixón pola mestizaxe consegue unir e reunir voces, instrumentos, ritmos, sons... é un imán para o talento,e así o demostra como directora artística na creación do Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré, un espectáculo concibido como punto de encontro de artistas da área lusófona no que o escenario se transforma nunha festa multicultural coas mellores voces de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guiné Bissau, etc
  • Agora preséntanos o seu novo disco, Eterno Navegar, no que percorre camiños de sonoridades atlánticas eritmos africanos que se mesturan coa súa melodiosa voz e o seu estilo intimista.
  • Discografía
  • “Foliada de Marzo” Edigal 1986
  • “Entre Cidades” Sons Galiza 1991
  • “Estou Vivindo no Ceo” Nubenegra 1995
  • “La Sal de la Vida” Nubenegra 1997 (con Rasha, María Salgado e X. Pimentel)
  • “Danza das Areas” Virgin 2000
  • “Eterno Navegar” Harmonía Mundi, World Village 2008

0 comentarios:

Publicar un comentario

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Enterprise Project Management